publicidade hoxe

A alcaldesa de Ribadumia visita o punto limpo de Leiro cos alumnos do CPI Julia Becerra Malvar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Visita da rexedora e os estudantes ao punto limpo

Visita da rexedora e os estudantes ao punto limpo

A Alcaldesa de Ribadumia Salomé Peña visitou esta mañá o punto limpo de Leiro (Ribadumia) onde os alumnos de 4º e 5º de primaria do CPI Julia Becerra Malvar recibiron unha lección sobre xestión de residuos perigosos e residuos de aparatos eléctricos. A visita enmárcase dentro da Xornada Educativa Ambiental que o Concello de Ribadumia e o Grupo Soil organizaron para os alumnos do centro educativo o pasado día 7 de abril.

Nesta visita divulgativa os alumnos puideron comprobar o punto de destino dos materiais que deben ser reciclados –pilas, aceites, baterías, etc-. O Concello de Ribadumia conta con un punto limpo en Leiro, e este motivo debe ser un aliciente para que as familias do municipio se conciencien coa importancia que supón a reciclaxe.

Esta iniciativa conforma un bo método para que os nenos leven a casa a importancia da separación de residuos e fomento da estratexia 3R (Reducir, Reciclar e Reutilizar).

Ademais da visita, os alumnos do centro educativo de Ribadumia recibiron o pasado martes unhas charlas sobre o mesmo tema co obxectivo de concienciar e implicar ós máis pequenos sobre o correcto método de reciclaxe (iglú verde para os envases de vidro, colector amarelo para envases de plástico, envases metálicos e envases tipo brik e colector azul destinado a envases de papel e cartón).

Cabe destacar que o Concello de Ribadumia aumentou en 2014 un 13,84% da cantidade de residuos depositados no colector amarelo en comparación co ano anterior. Este tipo de actividades pretenden que as cifras sigan mellorando e que o concello se converta en referencia de materia medio ambiental.

Nas charlas tamén se intentou introducir aos nenos na práctica da compostaxe, iniciativa que o Concello de Ribadumia acaba de implantar para os veciños do municipio como un método máis para a separación de residuos.

10 de abril de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.