publicidade hoxe

A Agasp debate sobre ética pública con 90 xefes de policía e emerxencias da comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Debate na Agasp

Debate na Agasp

O director xeral de Emerxencias e Interior e da Academia Galega de Seguridade Pública, Luis Menor, inaugurou hoxe na Agasp unha xornada sobre “Responsabilidade de cargos públicos”, na que participaron 90 xefes de policía e dos servizos de emerxencias e protección civil de Galicia.

O director xeral destacou o interese suscitado por esta actividade, que xurdiu dunha proposta dos xefes de policía local durante unha xornada de convivencia e traballo na Agasp e tivo que aumentar o seu aforo inicial ante o alto número de inscricións.

Segundo explicou Menor, desde a Academia organizouse a xornada “crendo firmemente que é preciso promover a ética pública como un xeito de garantir o bo funcionamento da administración pública, da que todos formamos parte”, e ofrecer así o mellor servizo á cidadanía.

Ademais, aproveitou a ocasión para felicitar aos presentes polo alto grao de satisfacción que os cidadáns teñen cos servizos de seguridade pública e emerxencias en Galicia, e lles animou a seguir traballando do mesmo xeito e incluso mellor, grazas a actividades como a desta mañá.

O programa da xornada está dividido en tres bloques temáticos: a ética na función pública, transparencia e responsabilidade disciplinaria e penal; e estará impartido polo doutor en dereito da Universidade do País vasco, Rafael Jiménez, un dos maiores expertos que hai actualmente nesta materia en España.

27 de abril de 2015 | 12:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.