publicidade hoxe

Xornada dirixida á mocidade en “Incubadora de Proxectos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de Promoción Económica e Emprego informa sobre a realización da xornada dirixida a mocidade e denominada “Incubadora de Proxectos”. A xornada desenvolverase este venres día 13 de marzo, de 18:00 a 20:00 h no Centro Cívico e Social do Paseo do Malecón, e as persoas que desexen participar deberán incribirse na oficina de xuventude, sita nas Casiñas da Compañía.

Incubadora de Proxectos pretende ser unha ferramenta de traballo, enfocada a mozos e mozas que teñan previsto presentar propostas no marco dos programas de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.

O obxectivo da xornada é a consolidación destes programas como elementos dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.

Esta actividade pretende amosar aqueles recursos especialmente enfocados á mocidade e centrarase en propostas sobre emprendemento, participación e voluntariado, dando especial relevancia ó programa Iniciativa Xove que financia con ata 4.000 euros a proxectos impulsados por mozos e mozas no campo da participación xuvenil.

En definitiva, é unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que revertan na mocidade de hoxe. Poden xurdir dende as asociacións e entidades legalmente constituídas ou ben á marxe delas, a través dos grupos informais de mozos e mozas.

10 de marzo de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.