Xornada de portas abertas do O.E. Terras do Miñor III

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

No día de onte tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Parrulos, a Xornada de Portas Abertas, ofrecida polo Obradoiro de Emprego Terras do Miñor III, co fin de mostrar a contratantes potenciais as habilidades adquiridas por parte do seu alumnado.

Aínda que o verdadeiro protagonismo foi para o alumnado, que durante case cinco horas se esforzou por chamar a atención dos posibles contratantes, a actividade tamén se viu reforzada con iniciativas paralelas como os postos que acudiron á cita cos seus produtos de maneira que tamén puidesen funcionar como un reclamo máis para os empresarios asistentes. As 7 empresas participantes foron (PernodRicard, Finest-Call, Duni, Trisk-Ale, Unilevel, Artemar e GIN SEXA).

Así mentres avaliaban as capacidades dos futuros profesionais do sector, tamén tiveron a oportunidade de estreitar lazos con distribuidores, asociacións de sumilleres, guías vinícolas ou fabricantes , e optimizar os resultados da visita.

Nela, o presidente da Mancomunidade, Fernando Guitián, destaca “a formación como chave primordial da inserción no mundo laboral, este tipo de Jornadas permite promover a boa preparación que se leva a cabo no Obradoiro presentando aos alumnos-traballadores empresas do sector, clave para un primeiro contacto entre empresarios e persoas formadas, competentes e especializadas”.

11 de marzo de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.