Xogadores, corpo técnico e monitores do Santiago Futsal reciben unha charla sobre a importancia de comunicarse en público
O luns e o martes, en dobre sesión, xogadores, corpo técnico e monitores do Santiago Futsal recibiron unha charla, impartida pola xornalista e asesora de imaxe Olaia Fernández, sobre a importancia da comunicación en público, en medios de comunicación e en redes sociais.
A xornalista achegou diversos consellos tanto ao corpo técnico, traballadores do club, monitores das categorías base e xogadores do primeiro equipo para unha óptima utilización das redes sociais, así como unha serie de pautas á hora de participar nunha rolda de prensa, entrevista ou intervención radiofónica.
Esta tarde o primeiro equipo exercitarase en última sesión da semana antes dos 4 días de descanso que gozará o equipo debido á celebración da Copa de España este fin de semana. O luns da próxima semana reincorporaranse ao traballo xa preparando o encontro do venres 20, no que se medirá a Prone Lugo AD no encontro de semifinais da Copa Xunta e que deparará ao finalista do trofeo autonómico (18 h, Pavillón Municipal de Lugo).











