publicidade hoxe

XII Regata Comodoro en Portosín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPorto do Son
A-
A+

Os días 07 -21 de marzo e 11 -25 de abril celebrarase en augas da Ría Muros – Noia, a XII REGATA COMODORO que organiza o Real Club Náutico Portosín baixo o patricinio do II TROFEO FERRADURA.

Pódese participar, coas opcións de ORC, tripulación reducida ou navegación Sin Spi como unha das novidades. Iso si…. a opción escollida debe realizarse durante todo o transcurso da regata.

O sábado 07 de marzo baixo unhas condicións de vento lixeiro, que provocou o cambio do percorrido previsto inicialmente polo comité de regatas, o primeiro posto foi para o MEIGAS FORA de Jose Codesido que se soubo impoñer en 2 horas 17 minutos nun percorrido de 8,2 millas náuticas, a unha velocidade media de algo menos de 4 nós/hora. No segundo posto encontramos ao SARA de Rafael Blanco en 2 horas 29 minutos e o terceiro posto para o SIRADELLA de Cesar Alvarez en 2 horas 18 minutos.

O II TROFEO FERRADURA deu comezo, levamos 1 día de 4 e xa temos os primeiros gañadores que tendran que defender os seus puntos na próxima cita, o día 22 onde seguro que ORAL GROUP de Pedro Pazos e A RABUDA UN de Fernándo González terán que dicir moito.

9 de marzo de 2015 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.