Víctor Gallego logra outro posto de finalista no nacional de inverno de lanzamentos longos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

O atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Víctor Gallego, aínda que non subiu ao podio como o ano pasado, volveu demostrar que é un dos mellores especialistas nacionais da proba de lanzamento de disco, cun quinto posto no Campionato de España de lanzamentos longos de inverno.

Víctor comezou moi ben a competición con 52.14, no seu terceiro tiro colocábase en segunda posición da proba, pero unha lesión na man de lanzar, lesión que arrastra dende hai máis dun mes, impediulle mellorar eses 52 metros, aínda que o intentou.

Aínda así o pupilo de Santi Ferrer conseguiu esa magnífica quinta posición que o motiva para afrontar dentro dun par de meses, a competición de División de Honra coa Sociedade Ximnástica.

7 de marzo de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.