Verdía conta no seu campo da festa cunha nova área de xogos infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Vista do parque

Vista do parque

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez visitou a área de xogos infantís que o Concello acaba de abrir no campo da festa de Verdía. O parque infantil conta cunha superficie total de 136 metros cadrados, con pavimento de area e peche de madeira na que os cativos poderán dispor de cinco elementos de xogo: unha torre con rede, un bambán dobre, unha flor, un louriño e unha casiña multicolor. O orzamento ascendeu a 18.007 euros.

A concelleira indicou que o Goberno local está apostando pola creación e fomento destas áreas de xogo infantís e que “con esta actuación queremos converter este espazo nunha zona de estancia familiar”.

Proxectos executados dende 2011

Esta nova área de xogo infantil completa os executados dende o ano 2011 polo Concello de Santiago.

En total, ao longo desta lexislatura, o Goberno municipal abriu como parques de nova creación os de San Roque, praza de Galicia e praza de Vigo.

Ademais, procedeuse á remodelación da área de xogo e xardinería dos de Agros de Ramírez, Fontiñas e Alexandre Bóveda.

12 de marzo de 2015 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.