publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Valdoviño celebra o Día Internacional da Muller “Contando en feminino”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValdoviño
A-
A+

Contaremos contos dende a perspectiva de xénero e igualdade, porque como di o Secretario da ONU,  Ban Ki-moon, na mensaxe deste ano, no Día Internacional da Muller:

“Mesmo nas sociedades que viven en paz, son demasiadas as nenas e as mulleres que seguen sufrindo malos tratos no fogar, mutilación xenital e outras formas de violencia que as traumatizan como individuos e danan sociedades enteiras. A discriminación segue sendo unha espesa barreira que ha de romper. Debemos ampliar as oportunidades na política, a empresa e noutros ámbitos. Debemos cambiar as mentalidades, especialmente entre os homes, inspirándoos a que se convertan eles mesmos en axentes activos do cambio. E debemos avalar a nosa determinación con recursos baseándonos no entendemento seguro de que os investimentos en igualdade entre os xéneros xeran progreso económico, inclusión política e social e outros beneficios que, á súa vez, fomentan a estabilidade e promoven a dignidade humana…”

A cita cos contos, actividade que organiza a Biblioteca Municipal, será o venres 6 de marzo, ás 18:30 h., na Casa da Cultura de Valdoviño.

5 de marzo de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.