UPyD aposta por unha actuación conxunta dos Concellos para potenciar o turismo
Os candidatos ás Alcaldías de Ferrol e Narón, Jose Luís Méndez e Hugo Rodríguez Boo, xunto co seu grupo de traballo, apostan por unha promoción turística conxunta das comarcas Ferrol-Eume-Ortegal como marcaba o Plan de Dinamización do Produto Turístico (PDPT) de Ferrol-Ortegal que se dotou dun orzamento de 3,5 Millóns de euros con duración ata 2010.
O estudo de avaliación previo xa falaba da falta de rutas guiadas, a insuficiencia e deficiencia nos horarios e tempadas de apertura das oficinas de turismo nos diferentes Concellos que integran o plan, da necesidade dunha promoción maior nos medios de comunicación con contido dixital por medio da creación dunha páxina web, a creación de espazos temáticos e a importancia do número de castelos e torres nesta zona de Galicia, sendo conveniente unha promoción conxunta, entre outras medidas a ter en conta e adoptar.
Case ningunha das medidas aconselladas, foron levadas a cabo e as que o foron, como a páxina web, xa non existen. As redes sociais, un dos métodos máis fáciles, baratos e efectivos de difusión, non son utilizadas correctamente, coa pouca difusión dos actos, actividades culturais e turísticas con vídeos atractivos. Destaca a ausencia destes nun das canles máis coñecidas de difusión de contido multimedia, a plataforma Youtube, onde a canle de Narón non rexistra a entrada dun vídeo promocional desde fai 2 anos e Ferrol levaba 11 meses sen compartir ningún ata fai 1 semana.
Desde UPyD Ferrolterra creemos que a unión dos Concellos e a reactivación dun plan de promoción común é necesaria para a posta en valor do patrimonio e recursos a nivel global dos Concellos limítrofes, levando unha campaña conxunta de promoción e prestación dos servizos, así como de planificación de recursos, o que supón un mellor emprego dos medios dispoñibles, mellor difusión conxunta e plan global de rutas e actividades turísticas que dinamicen mellor os nosos recursos.











