Uns 1.800 escolares de centros de ensino de Ferrol participarán esta semana no programa de “Cinensino”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, continúa esta semana co Programa de “Cinensino 2014-2015”. Un total de 1.876 estudantes de Primaria e Secundaria, pertencentes a unha vintena de centros educativos do termo municipal, participarán entre mañá martes e o vindeiro venres 13 nestes programas para a prevención do consumo de sustancias e outras adicións así como a formación en valores.

Así, mañá martes e pasadomañá mércores o Teatro Jofre acollerá a proxección da película “Los cinco y el misterio de la joya escondida” para escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria. Están programadas dous pases, o primeiro ás 10 horas e o segundo ás 12 horas; e posteriormente, os estudantes traballarán a unidade didáctica “Importante do grupo antes as adversidades” na aula.

En canto ao programa “Cinensino 2014-2015”, dirixido ao alumnado de 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), o Jofre acollerá os vindeiros xoves e venres, días 12 e 13 de marzo, a proxección da película “Diamantes negros”. Os estudantes verán este film en dous pases, ás 09:30 e ás 12:00 horas; e traballarán posteriormente na aula a unidade didáctica “Resistencia á frustracón como protección fronte ao consumo de sustancias ”.

9 de marzo de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.