Unha trintena de persoas poderán participar esta primavera no programa de termalismo social urbano para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Área de Persoas Maiores con Concello de Vilagarcía pon en marcha unha nova edición do Programa de Termalismo Social Urbano dirixido a pensionistas de 55 anos en diante. Como en anos anteriores, o programa desenvolveras en dúas quendas. A inscrición para a de primavera pode realizarse ata o 10 de abril. Os beneficiarios poderán gozar de tres sesións semanais no SPA Arruyos del Agua durante dous meses por un prezo de 35 euros mensuais.

A quenda de primavera desenvolverase do 15 de abril ao 15 de maio e poderán participar nela 30 persoas. Nas sesións, os beneficiarios poderán facer uso de todos os circuítos do SPA emprazado na Avenida Rodrigo de Mendoza.

Na quenda de outono poderán participar outras 30 persoas. O prazo de inscrición abrirase tras o verán. Neste grupo terán prioridade aquelas persoas que non participaran en primavera.

O Termalismo Social Urbano é un dos programas municipais máis demandados polo colectivo de Persoas Maiores. O seu obxectivo é facilitar que estas persoas poidan acceder a circuítos termais e demais servizos do SPA como un medio de mellorar a súa calidade de vida e benestar. Ademais dos beneficios terapéuticos e relaxantes, o programa ofrece a avantaxa de que se presta no municipio, no centro da cidade, polo que os usuarios non teñen que desprazarse ata outras localidades.

Pensionistas e persoas en situación de respiro familiar

Os requisitos para poder acceder a este programa son estar empadroado en Vilagarcía, ser maior de 65 anos ou ter 55 anos cumpridos e estar xubilado, pertencer a outro grupo doutros pensionistas do Sistema Público de Pensións. Tamén se permitirá participar ás persoas que aínda non cumprindo os requisitos antes mencionados, sexan recomendados a través des Servizos Sociais Municipais como “situación de respiro familiar”. Ademais, os beneficiarios non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, e estar en condicións de total autonomía persoal.

As 30 prazas dispoñibles cubriranse por orde no Rexistro de Entrega das solicitudes. Os formularios de inscrición deben recollerse no departamento de Persoas Maiores e entregarse cubertos, no Rexistro Xeral do Concello dentro do prazo estipulado e en horario de 9 a 14 horas.

30 de marzo de 2015 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.