Unha peza escultórica de José Louro Gascón homenaxea aos confrades da Semana Santa de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Inauguración da estatua de José Louro

Inauguración da estatua de José Louro

A cidade de Ferrol conta dende hoxe cunha figura escultórica de homenaxe aos cofrades que participan nos desfiles procesionais de Semana Santa. Esta peza, obra de José Rubio Gascón, está emprazada nunha das rúas máis emblemáticas da zona centro: a rúa Real. O autor desta obra, o alcalde Jose Manuel Rey Varela; a concelleira de Turismo,, María del Carmen García Fraga; o presidente da Xunta Xeral de Irmandades e Confrarías da Semana Santa, César Carreño, presentaron esta mañá a figura fundida en bronce e que quere ser “unha homaxe aos novos e pequenos cofrades”, sinalou Rubio Gascón.

Rey Varela indicou que con este “sinxelo acto de presentación desta peza escultórica damos conta do compromiso que asumimos de inmortalizar nas rúas de Ferrol un espazo permanente dedicado á nosa Semana Santa, un evento de gran arraigo popular e que dende o ano pasado é Festa de Interese Turístico Internacional”. O presidente da Xunta Xeral de Confrarías manifestouse encantado do lugar escollido para o emprazamento da escultura, xa que pola rúa Real pasan de ida ou de volta tódolos desfiles procesionais que teñen lugar durante a Semana Santa. Así mesmo, César Carreño congratulouse de que se decidira homenaxear con esta estatua aos novos cofrades xa que “a mocidade é moi importante e ten unha gran presenza nas confrarías”, ao tempo que indicou que “Ferrol, como outras cidades de España cuxas Semanas Santas teñen o recoñecemento internacional, ten por fin un elemento que recorda a importancia deste evento”.

A estatua foi encargada pola área de Turismo do Concello de Ferrol, e o investimento na mesma foi de 20.000 euros.

26 de marzo de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.