Unha ampla representación da comunidade científica internacional darase cita en Pontevedra
Galicia será o punto de encontro, do 5 ao 7 de maio, dunha ampla representación da comunidade científica internacional que ten entre as súas liñas de investigación os cultivos proteicos, entre os que destacan os legumes. Ao encontro tamén acudirán melloradores de plantas, agrónomos e especialistas en nutrición de 30 países co obxectivo de abordar, desde unha perspectiva interdisciplinar, o déficit de proteínas vexetais en Europa e propor accións para fomentar tanto o seu cultivo como o seu consumo.
O encontro, que se concibe como un simposio internacional, leva por título “International Symposium on Protein Crops” e o seu lema é “Plant proteins for the future” (Proteínas vexetais para o futuro). Terá lugar en Pontevedra e prevese que asistan máis de 120 persoas.
Está promovido por EUCARPIA, CSIC e Asociación Española de Leguminosas.