Un vixiante de seguridade dun centro comercial de Tui foi detido por supostos roubos durante o servizo nocturno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosTui
A-
A+

A Garda Civil detivo aos supostos autores dun roubo continuado nun establecemento comercial de Tui. O detido, aproveitando a condición de vixilante de seguridade no citado centro, cando prestaba servizo nocturno, apagaba as cámaras de vixilancia e utilizando un mando que tiña copia da frecuencia da reixa do local, accedía ao interior subtraendo diferentes artigos, feito que se viñan realizando dende o pasado mes de outubro a febreiro do actual.

Posteriormente estes artigos eran postos á venda en Internet pola súa noiva, que tamén foi detida.

Estas detencións son froito das investigacións que o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui viña realizando e que deron o seu froito no día de onte.

Ambos os dous detidos, que carecen de antecedentes policiais, accederon voluntariamente á entrada e rexistro do seu domicilio onde se incautaron varios electrodomésticos procedentes de roubos efectuados como tres aspiradores, un deshumificador, tres cafeteiras, dous robots de cociña e aspirador vertical.

Presentados no Xulgado de Instrución número TRES de Tui, quedaron en liberdade con cargos.

6 de marzo de 2015 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.