Un total de 50 persoas da provincia de Lugo fórmanse en dous cursos de automoción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Un total de 50 persoas recibiron hoxe os diplomas que acreditan a súa participación en dous cursos especializados no eido da automoción, financiados pola Consellería de Traballo e Benestar e organizados pola Asociación Provincial de Reparación e Venta de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR).

A directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, entregou hoxe aos participantes os diplomas que acreditan a súa formación en “diagnóstico de avarías en sistemas ABS, ASR, ESP e SAFE”, e “electromecánica de vehículos híbridos”.

Para a impartición destas actividades formativas, o Goberno autonómico investiu máis de 12.200 euros.

A responsable autonómica explicou que estas actividades inscríbense nos plans de formación dirixidos a persoas ocupadas e, neste caso en concreto, enfocados especialmente a traballadores autónomos.

Ademais, Díaz López apuntou que todas as actividades que se realizan ao abeiro destes plans están deseñadas para axustarse ás necesidades do mercado de traballo. O seu obxectivo fundamental é favorecer o desenvolvemento, tanto persoal como profesional, dos beneficiarios, ao tempo que se mellora a competitividade e produtividade das empresas.

10 de marzo de 2015 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.