Un total de 3.400 persoas asistiron á VIII edición do Festival de Música Internacional Pórtico do Paraíso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A VIII edición do Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso clausurouse o pasado domingo na igrexa de Santiago das Caldas, co concerto do tenor Marco Beasley e o pianista e clavecinista Guido Morini. Asistiron un total de 3.400 persoas a esta edición, que ofertaba por vez primeira oito concertos e diversas actividades paralela. Entre estas actividades, incluíronse a exposición de instrumentos medievais no Museo Municipal, un encontro do laudista Paul O,Dette con estudiantes e un curso de clarinete dos Vienna Clarinet Connection no Conservatorio de Música.

A Concellería de Cultura e os organizadores do festival agradecen a participación do público nesta nova cita coa música na nosa cidade, así como a artistas, colaboradores e medios de comunicación, o que permitiu unha gran participación e calidade artística nos concertos.

18 de marzo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.