publicidade hoxe

Un só sentido de circulación dará acceso ao barrio da Mourisca-Chaínen en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O concello de Gondomar decidiu limitar a un só sentido a circulación e acceso ao barrio da Mourisca-Chaín dende a PO-331. Esta limitación débese unicamente a criterios de seguridade, informe trasladado polos técnicos debido aos desprendementos que vén sufrindo un lateral do vial.

O concelleiro de seguridade e tráfico, Carlos González manifesta que “a seguridade debe primar por enriba da comodidade” e pide aos veciños da zona, comprensión pola medidas adoptadas, aínda que esta decisión poida causar algún trastorno na circulación, levouse a cabo pensando sempre na seguridade dos condutores e rexerá polo tempo estritamente necesario.

24 de marzo de 2015 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.