Un motorista resulta ferido grave tras chocar contra uns valos de obra en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
Europa Press

Un motorista que circulaba pola zona de Alcabre, na cidade de Vigo, resultou ferido de carácter grave ao chocar contra os valos dunha obra. Segundo informou a Policía Local, o accidente ocorreu ás 23,48 horas deste mércores na Avenida Atlántica, concretamente á altura do número 98. Nese momento, por causas que aínda se descoñecen, un home de 50 anos que conducía unha motocicleta chocou contra uns valos de obra, resultando ferido de carácter grave.

26 de marzo de 2015 | 10:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.