Un grupo de estudantes da Escuela Internacional de Gobierno de México visita Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLugo
A-
A+
Recepción aos estudantes

Recepción aos estudantes

O Alcalde accidental, Luis Álvarez, recibiu esta mañá a un grupo de 16 alumnos da Escola Internacional de Gobierno de México que se atopan de visita en España para coñecer o funcionamento das administracións públicas e da situación política.

Durante once dias visitan diferentes lugares de España e en Galicia, ademais de Lugo estarán en Ourense e Santiago de Compostela, onde reciben diferentes talleres sobre formación en comunicación e politica.

Luis Álvarez deulles a benvida a nosa cidade e invitounos a coñecer non só a oferta turística da cidade se non tamén a oferta gastronómica. Durante o encontro, no que tamén participou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana Gonzalez Abelleira, os alumnos mexicanos preguntaron polo funcionamento da administración local, as axudas en benestar social, a situación económica da cidade, a igualdade e a xuventude entre outros temas.

12 de marzo de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.