publicidade hoxe

Un grupo de alumnos do CEIP do Foxo fará dous roteiros este martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá, martes 24 de maio, 25 nenos e nenas do 1º ciclo de educación primaria do CEIP do Foxo (A Estrada), farán o roteiro dos Bolechas. A saída está programada para as 12.30 horas desde a praza da Peregrina.

O roteiro dos Bolechas é unha iniciativa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra para dinamizar o uso da lingua galega entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos e pequenas farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade, con xogos e contidos adaptados ás súas características.

Pola tarde fará o roteiro Castelao un grupo de 27 alumnos e alumnas de 2º ciclo de educación primaria do mesmo centro. A saída será desde a praza da Ferraría, ás 16 horas.

O percorrido deste roteiro inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer esta visita guiada pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, estas visitas poderían sufrir modificacións.

23 de marzo de 2015 | 12:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.