publicidade hoxe

Últimos días para anotarse no evento gastronómico temático que se vai celebrar en Santiago entre o 27 de marzo e o 5 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Tras o éxito das anteriores edicións, este ano imos volver celebrar, entre el27 de Marzo e o 5 de Abril, ambos os dous inclusive, a III edición de SANTIAGO PASIÓN,un evento gastronómico organizado por Hostalaría Compostela, en colaboración coa Xunta de Confrarías e o Concello. Nesta edición poderán participar ata un máximo de 34 establecementos, que serán seleccionados por orde de inscrición.

O prezo fixo do menú temático de Semana Santa será de 18,00 € e cada participante terá que ofrecer dous primeiros, dous segundos e dúas sobremesas -a elixir-, ademais de café, auga e pan, a mediodía e polas noites. Deberán ser menús temáticos de cociña conventual, de coresma ou de vixilia, que non inclúan carne nin alcohol nas receitas.

A cambio da participación nestas xornadas gastronómicas temáticas, cada local ofrecerá unha consumición e un pincho aos membros dunha das confrarías de Semana Santa de Santiago, que seleccionrán en función da proximidade destas a cada un dos locais.
Entre os clientes dos establecementos participantes sortearanse atractivos paquetes e lotes de produtos con experiencias culturais, relixiosas, gastronómicas, viaxes e visitas guiadas.

A data límite de inscrición e entrega das receitas e fotos do menú será o 12 de Marzo. Ante calquera dúbida ou consulta ou ampliación de información, e para poder inscribirse teñen que pasar ou chamar ás oficinas da Asociación.

10 de marzo de 2015 | 11:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.