Últimas 50 entradas para asistir ao monólogo do rei das pequenas cousas
O humor máis enxeñoso feito a base dos significados das palabras chega o sábado ao Auditorio da man de Luis Piedrahita. O famoso monologuista e colaborador de programas de televisión e radio porá en escena en Vilagarcía o seu espectáculo “El español es un idioma loable, lo hable quien lo hable”. A primeira hora do día de hoxe só quedan dispoñibles 50 entradas para asistir á función.
As últimas entradas pódense adquirir de xeito anticipado a través de www.servinova.es ou da billeteira telefónica 902 504 500. O prezo é de 16 euros paras as zonas A e B e 14 para a C (máis 1,60 por custes de xestión). En calquera caso, a venta anticipada resulta máis económica que adquirir as entradas en taquilla o día da función, xa que os prezos entón serán de 18 euros para as zonas A e B e 16 para a C.
O espectáculo será o sábado, 14 de marzo, ás 22.:00 horas e a billeteira do Auditorio estará aberta dende dúas horas antes ao inicio.
“El castellano es un idioma loable, lo hable quien lo hable” é un espectáculo de monólogos escrito e interpretado polo humorista coruñés, Luis Piedrahita, famoso polas súas intervencións en programas de televisión como El Club de la Comedia Paramount Comedy e actualmente colaborador en El Hormiguero, de Antena3, e no magazine radiofónico “La Ventana” de Cadena Ser.
Piedrahita fai humor como se bican os ourizos, moi a modiño. Neste show xoga co idioma, o estruga e o retorce, para sacarlle todo o zume e aclarar algunhas dúbidas existenciais que o perseguiron dende sempre. Dúbidas como: “Que pasa si tomas veleno caducado, mátate máis ou te mata menos?” ou “as plantas de interior… en natureza onde viven?”
Neste espectáculo “El rey de las cosas pequeñas” xoga coas palabras, coas súas e coas do público, improvisando coas súas suxestións e deixándolles participar.
O de Piedrahita é un humor do cotiá, humor branco, en ocasións surrealista e sempre familiar.
Tras o éxito de “¿Por qué los mayores construyen los columpios soempre encima de un charco?” e de “Dios hizo el mundo en siete días… y se nota”, que tamén representara en Vilagarcía, Luís Piedrahita regresa á carga cunha recompilación dos seus textos máis recentes, destinada a divertir e emocionar.