publicidade hoxe

Triunfo dos laranxas antes do descanso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

O Burela FS Pescados Rubén B fíxose cun meritorio triunfo na visita do Troula FS Betanzos a Vista Alegre antes do descanso de Terceira División. Os mariñáns impuxéronse 4-3 nun axustadísimo encontro, con hattrick de Aitor, adornado cunha diana de Rubén.

Os laranxas pecharon unha excelente primeira parte, con 2-0 ao descanso. No reinicio o Troula FS conseguiu dar a volta ao electrónico 2-3, pero os de Burela non se conformaron e pelexaron polos tres puntos, co tanto da vitoria no último minuto.

Próximo rival. O cadro de Juanma volverá á competición o 28 de marzo con derbi comarcal na pista do Superti A Pontenova, quinto clasificado (29 puntos).

Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén B: Javi Fajardo, Aitor (3), Daniel, Alejandro, Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Alemán, Rubén (1), Pancho, Rafa, Riveiro

Troula FS Betanzos: David, Óscar Suárez, Andrés, Alfonso (1), Marcos, cinco inicial; tamén xogaron Lorenzo, Óscar López (1), Alejandro (1), Iván, Juan

Árbitros: Darriba Villamor // Castro Bermúdez (Lugo)

Tarxetas: Por Burela FS amarela a Rubén. Por Troula amarela a David, Óscar Suárez e Lorenzo

18 de marzo de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.