publicidade hoxe

Todocosmos achega a astronomía ata Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC) organiza, en colaboración con 12 concellos galegos e co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), a segunda edición de TodoCosmos, unha salientable actividade de divulgación astronómica que se desenvolverá durante todo o ano en Galicia.

Vedra xunto con Noia, Ordes, Oroso e Padrón únese aos concellos que participaron na edición de 2014, que eran Ames, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Santiago, Sanxenxo, Teo ademais da empresa Optica Val.

Nos vindeiros meses vaise desenvolver unha ampla programación entre as que inclúen cursos, obradoiros de telescopios e de reloxos de sol, xornadas escolares, observacións telescópicas e a simple vista, así como visitas guiadas ao Observatorio da USC e aos de Lalín e Ribadeo.

No concello estanse a programar observacións telescópicas nocturnas para os meses de verán.  A primeira observación será este mércores 1 de abril no campo da festa de Vedra a partir das 21.30 h.

30 de marzo de 2015 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.