Tiendas Montó pon de moda o laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+
Tiendas Montó patrocina ao Burela

Tiendas Montó patrocina ao Burela

Tiendas Montó de Burela, franquía líder en España no mercado da pintura para decoración, pon de moda o laranxa na súa paleta de cores apostando polo patrocinio das xogadoras de Primeira División RFEF Bea Mateos e Kiko esta tempada.

Ata o establecemento (avenida Arcadio Pardiñas, número 183) trasladáronse as burelistas xunto ao presidente do club mariñán, Manuel Blanco, para agradecerlles aos seus propietarios, José Manuel Rodríguez Ramos e Genoveva Ares Losada, a confianza depositada no seu traballo para lucir a imaxe de Montó, referencia da máis alta calidade e tecnoloxía na pintura.

25 de marzo de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.