Telefónica completa o despregamento de 4 G en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A cidade de Lugo conta dende hoxe con tecnoloxía 4 G en todas as súas rúas e barrios, grazas ao despregamento efectuado por Telefónica durante os últimos meses e para o que dotou con tecnoloxía de banda ancha ultrarrápida móbil a 15 das estacións bases urbanas xa existentes que ata o momento traballaban con redes 2 G e 3 G.

A Compañía conectou tamén estas estacións á súa rede de fibra óptica, mellorando así o servizo de transmisión de datos debido á maior escalabilidade deste medio de transporte, o cal permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda.

O 100% da poboación de Lugo pode gozar xa de velocidades de navegación en Internet de ata 100 megas, que fan posibles a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música, contidos en alta definición ou o desfrute de videoxogos online.

Modernización da rede móbil

Fiel ao seu compromiso de modernizar toda a rede móbil de España trazado no seu plan estratéxico, Telefónica continuará levando 4 G a outros puntos de Galicia durante os próximos meses, ampliando para iso o número de estacións base en servizo que contan con esta tecnoloxía. Este feito supoñerá un aumento da cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, o que lle permitirá estar preparada para o previsible incremento nos próximos anos do uso de terminais 4 G e da demanda de datos.

A finalización do despregamento de 4 GR en Lugo supón tamén un novo avance nos plans da compañía para implantar tecnoloxías ultrarrápidas en Galicia, e que nos últimos anos a levou a realizar un importante esforzo investidor en comunicacións móbiles. Este ano investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4 G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades de Galicia máis de 150 estacións base con banda ancha móbil ultrarrápida. Neste sentido, cabe destacar que en Galicia a cobertura móbil superan á media española, alcanzando en 3 G ao 98% do territorio -moi por enriba da media estatal, do 74%-, e chegando a practicamente o 100% co resto das tecnoloxías.

9 de marzo de 2015 | 12:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.