Teatro infantil no Edificio Multiusos de Monforte co espectáculo “Ra ra ra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

O teatro infantil volve a Monforte o martes día 31 de marzo da man da Rede de Teatros e Auditorios. A compañía Abrapalabra Creacións Escénicas representará a obra “Ra ra ra”, escrita e dirixida por Cándido Pazó, e cun elenco artístico integrado por Beatriz Méndez, Carla Capeáns, Toni Salgado e Victor Mosqueira.

Trátase dunha obra para público infantil e familiar, recomendada para nenos e nenas de 2 a 12 anos. Un divertido espectáculo no que, xogando en verso ou en prosa, dous actores e dúas actrices fan de ras. As ras descubrirán que a noite non é tan escura, perdéndolle o medo á noite e aprendendo a cantar.

Ra Ra Ra

fala de cando as rás,

moitísimo tempo atrás,

pola noite non cantaban,

porque tiñan medo

e deitábanse cedo.

Así que chegaban

as primeiras tebras

e, negras, pintaban

de sombras o río…

Que canguelo! Que arrepío!

O espectáculo representarase no Auditorio do Edificio Multiusos, o martes día 31 de marzo ás 18:00 h. Os prezos das entradas son de 5 € a entrada xeral, e de 3 € para nenos/as, estudantes, desempregados/as e xubilados/as. A actividade está organizada polo Concello de Monforte –Delegación de Cultura – e AGADIC.

24 de marzo de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.