Teatro, danza, pintura, música, artesanía ou cine no Día Internacional da Muller
Un ano máis, o Concello de Ourense únese á conmemoración do Día Internacional das Mulleres, que se celebra o sábado día 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Marga Martín, e a técnico da Concellería de Igualdade, María Elena de Jesús, presentaron esta mañá a programación completa de actividades que se celebrarán con motivo deste día, do 6 ao 26 de marzo.
A concelleira de Igualdade, Marga Martín, animou á cidadanía a desfrutar de todos os actos programados pola Concellería, que complementarán os xa habituais acto institucional do Día Internacional das Mulleres, o sábado 7 ás 12 h no Salón de Plenos; e o acto de entrega do IX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, o luns 9 ás 20:30 h no Liceo. Haberá música, pintura, danza, recital poético, tupper sex, mostra de artesanía, cine ou teatro, entre outras propostas dirixidas tanto a mulleres como a homes, nun programa definido pola propia concelleira “para reivindicar e festexar”.
O programa completo de actividades é o seguinte:
Do 6 ao 8 de marzo: 2º Festival Feminino de Ourense.
Vernes 6 de marzo:
Obradoiro de pintura rápida, impartido por Susi Ballester, no Centro Cívico de Colón (de 18:30 a 20:30 h).
Roteiro Feminino, dinamizado por “Damnificadas”. Entre as 21 e as 24 h, entre a Praza do Ferro e a Praza San Marcial.
Sábado 7 de marzo:
Obradoiro de danza tribal americana, impartido por Yolanda Rodríguez, no Espazo Conciencia, de 11 a 14 horas.
Acto Institucional do Día Internacional das Mulleres. Ás 12 horas no Salón de Plenos do Concello.
Tupper Sex “Los placeres de Lola”, impartido por Fernanda Lavenger. A partir das 14:30 h no Cafém Grándola
Recital poético, con Belén de Andrade. A partir das 18 h no Ollo Ledo.
Concerto de Thetetas,Van, a partir das 22 h na Praza San Martiño.
Domingo 8 de marzo
Mostra de Mulleres Galegas Artesás: de 9:30 a 14 h na Praza Maior.
Flash Mob na Praza Maior, con Mercedes Peón, a partir das 13 horas.
Teatro: Fétide Nettoyage, La Passoire Teatro. Ás 19 h na praza San Martiño.
Luns 9 de marzo:
Obradoiro “Desmontando o amor romántico”, coorganizado por As Argallantas. Impartido por Berta Vega, sexóloga especialista en xénero. De 10 a 13:30 h na Facultade de Educación, no edificio de Ferro.
Acto de entrega do IX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. No Liceo de Ourense ás 20:30 h.
Martes 10 de marzo:
Cine “En el camino”, de Jasmila Zbanic (Bosnia). Actividade coorganizada co Cine Clube Padre Feijóoo, na Biblioteca Pública ás 20:30 h.
Xoves 12 de marzo:
Conferencia sobre “A muller na historia da ciencia e a tecnoloxía: teoría e realidade. Relata Amelia Verdejo, profesora de Matemáticas da Universidade de Vigo. Ás 20 h no Centro Municipal José Ángel Valente.
Mércores 18 de marzo:
Teatro: O Furancho, de Ibuprofeno Teatro. Con Marián Bañobre e Isabel Risco de artistas, e escrito e dirixido por Santiago Cortegoso. Ás 20:30 h no Auditorio Municipal.
Xoves 19 de marzo:
Monólogo: “El orgasmo es cosa de mujeres”, de Laura Mandarina. Ás 20:30 h no Café Grándola.
Xoves 26 de marzo:
Conferencia: Emilia Pardo Bazán, unha nena seducida polos libros, unha muller seducida pola escrita. Relata María Xosé Queizán. A partir das 20 h no Centro Municipal José Ángel Valente.











