Solicitan a explotación de catro quioscos e dúas terrazas nas praias de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A convocatoria de concesións de servizos de temporada nas zonas de praia saldouse en Vilagarcía coa presentación de seis solicitudes para a instalación de catro quioscos e dúas terrazas nos areais municipais. A autorización destes servizos corresponde a Costas ou Portos de Galicia, correspondéndolle ao Concello unicamente informar as solicitudes.

Aínda que a convocatoria permite a explotación dunha ampla gama de servizos relacionados coa temporada de verán, (aluguer de tumbonas, parasois, pedaletas…) en Vilagarcía só se teñen rexistrado peticións para quioscos de venta de bebidas e xelados e dúas terrazas de establecementos hostaleiros.

Cinco das peticións son para explotar servizos de temporada nas praias da Concha-Compostela, mentres que o sexto é para instalar un quiosco no Preguntoiro. As solicitudes dos areais vilagarciáns deben ser resoltas por Costas del Estado, mentres que a da praia de Vilaxoán, compete a Portos de Galicia.

As concesión outorgada por Costas do Estado para a explotación de servizos de temporada teñen un período de validez do 1 de maio ata o 31 de outubro, o que supón dous meses máis que o pasado ano. Así a todo, prevese a posibilidade de ampliar o prazo de xeito excepcional.

31 de marzo de 2015 | 10:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.