publicidade hoxe

Sexta edición da Exaltación de Bacallau e Cabrito no Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ e Feira do Lázaro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Dentro das actividades programadas dentro da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ e co obxectivo de seguir promocionando os produtos tradicionais da comarca, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM), en colaboración co Concello de Verín, promove a sexta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’, que este ano, ademais da realización de menús específicos, inclúe tamén de dúas importantes actividades lúdico-formativas: unha charla informativa sobre alimentación e un obradoiro de cociña creativa para menores.

Menús específicos en establecementos da comarca de Verín

A principal iniciativa da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’ é a realización de menús específicos, durante as tres xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 12 e 22 euros. Os restaurantes O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, Aldea Rural A Cortiña, San Roque, Brasil, Gallego, O Souto das Candeas e Parador de Verín son os establecementos que participan na quinta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’, e que ofertan os seguintes menús a veciños/as e visitantes:

Hostal Restaurante O Augueiro
1º Menú: 19 euros

– Empanada de bacallau
– Cabrito asado
– Sobremesa
– Pan, viño da D.O. Monterrei e Café

2º Menú: 17 euros
– Polbo á Feira
– Bacallau ao “Estilo Augueiro”
– Sobremesa
– Pan, viño da D.O. Monterrei e Café

Hostal Restaurante Lugano
Menú: 18 euros

Primeiros:
– Empanada de bacallau
– Ensalada de polbo e pataca con vinagreta de mostaza
Segundos:
– Lombo de bacallau ao forno con guarnición
– Cabrito asado tradicional ou perna de cabrito rechea ao forno
Sobremesas caseiras e viño da D.O. Monterrei

Restaurante O Castelo
Menú: 18 euros

– Trufados da casa
– Pementos recheos de bacallau
– Paletilla de cabrito ao forno
– Torta de queixo
– Viño da D.O. Monterrei, café

Restaurante O Candil
Menú: 21 euros
Primeiros:
– Caldo
– Empanada
– Salteado de cogomelos
Segundos:
– Bacallau ao “Estilo Candil”
– Chuletón de tenreira

– Entrecot de tenreira
Sobremesas caseiras e viño da D.O. Monterrei

Hostal Restaurante San Roque
1º Menú: 18 euros

– Paella de marisco
– Bacallau ao estilo Alcántara
– Sobremesa especialidade da casa
– Viño da D.O. Monterrei

2º Menú: 22 euros
– Brochetas de lagostinos con ventrecha de bacallau en salsa de pementos de piquillo
– Cabrito asado
– Sobremesa especialidade da casa
– Viño da D.O. Monterrei

Casa Rural A Cortiña
Menú: 12 euros
– Empanada de cocido
– Hamburguesa de lacón con grelos sobre cama de láminas de patacas e labras de chourizo en pan de pobo
– Sobremesa variadas da casa
– Auga. Viño da D.O. Monterrei. Café. Licores.

Hostal Restaurante Brasil
1º Menú: 19 euros
– Petiscos da casa
– Ensalada Vilardevós
– Papillote de bacallau ao follado
– Variedade de sobremesas caseiras a elixir
– Viño da D.O. Monterrei

2º Menú: 21 euros
– Petiscos da casa
– Milfollas de bacallau ao estilo da casa.
– Asado de cabrito leital “Especialidade Brasil”
– Variedade de sobremesas caseiras a elixir

Restaurante Casa Manola
1º Menú: 18 euros
– Petiscos da casa
– Ensalada Monterrei
– Bacallau á grella
– Variedade de sobremesas caseiras a elexir
– Viño da D.O. Monterrei

2º Menú: 20 euros
– Petiscos da casa
– Polbo á grella
– Entrecot de tenreira
– Variedade de sobremesas caseiras a elexir
– Viño da D.O. Monterrei

O Souto das Candeas
Menú: 18 euros
– Ensalada morna de lagostinos
– Croquetas de boletus
– Chuleta de tenreira ecolóxica con pementos de Oímbra
– Coulant de chocolate
– Viño da D.O. Monterrei. Auga. Licores. Café

Hotel Restaurante Gallego
Menú: 18 euros

– Filloas recheas de grelos e chourizo ao queixo de Arzúa
– Secreto de porco Celta con patacas da avoa
– Sobremesa caseira
– Viño. Auga. Café

Parador de Verín
Menú
: 22 euros
– Crema de cabaza con zamburiñas albardadas e crocante de xamón ibérico
– Bacallau á grella sobre cebola confeitada e suave pil pil de coliflor
Filloas recheas de crema con xeada manteigada
– Viño branco ou tinto da D.O. Monterrei, augas minerais, café ou infusión

Novidades: Obradoiros de cociña creativa para menores e de alimentación para adultos

Nesta edición, a sexta edición da ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’ tamén inclúe dúas novidades: a realización de actividades             lúdico-formativas para nenos/as e adultos. As mesmas realizadas desde Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AEHCOM), coa colaboración da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, teñen por obxecto achegar ao público a labor realizada desde asociación, así como ofertar información sobre os hábitos saudables na alimentación ou aproximar a cociña aos/ás máis pequenos/as da casa.

O primeiro deles será o venres 20 de marzo, a partir das 17 horas, e terá lugar no propio Pavillón Municipal de Deportes (no espazo do concurso gastronómico ‘Cigarrón de Verín’. Neste obradoiro de cociña creativa para menores, tres restauradores pertencentes á Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei ensinarán en directo como elaborar diferentes pratos (principais e sobremesas). Na elaboración contarán cos/coas nenos/as que se atopen no recinto e estean interesados/as en participar neste obradoiro creativo, no que os/as proxenitores tamén serán unha parte activa. E a segunda actividade, charla informativa sobre alimentación, terá lugar o domingo 22 de marzo, ás 18 horas, no stand da Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (no propio recinto feiral), no que se impartirán cuestións básicas sobre alimentación, hábitos saudables e deporte.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

11 de marzo de 2015 | 13:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.