Santiago sitúase entre as tres cidades españolas co mellor nivel de reputación online

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O elevado nivel de reputación online de Santiago, recollido nos informes de reputación online dalgúns dos principais buscadores da Internet, que comparan as opinións dos usuarios de servizos hoteleiros dos principais destinos turísticos de España, consegue que a provincia da Coruña sexa unha das tres con maior nivel de reputación online a nivel español.

Con 82,90 puntos sobre 100,  Santiago de Compostela é unha das tres cidades españolas mellor valoradas, só detrás de Girona e Ronda, no recente informe publicado por Trivago. Mais xa no ano 2010 Compostela fora tamén a cidade co mellor nivel de satisfacción por parte dos clientes, comparando as opinións dos internautas e dos clientes dos hoteis dos 52 principais destinos urbanos de España, segundo se recollía no Iron Hun, un dos máis prestixiosos e fiables indicadores de calidade de destinos turísticos e nivel de satisfacción dos clientes..

Do mesmo xeito, nos anos 2011, 2012, 2013 e 2014, Santiago como destino turístico estivo sempre nos primeiros lugares a nivel de reputación online e esta boa nova non fai máis que confirmar unha tendencia moi positiva a nivel de reputación online, co que iso implica a nivel de elemento prescriptor do turismo do futuro.

18 de marzo de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.