Santiago Futsal asegura a permanencia
O equipo do Santiago Futsal asegurou, tras a conclusión da 24ª xornada de Liga, a súa permanencia na Primeira División do fútbol sala español por décimo terceiro ano consecutivo.
Malia que os de Santi Valladares non lograron puntuar na difícil pista do Cidade de Tudela ante o quinto clasificado Aspil Vidal Ribera Navarra (4-3), nun partido moi completo dos galegos que se achegaron ao seu rival no marcador nos últimos minutos pero que non conseguiron igualar, a derrota de Uruguai Tenerife ante inter Movistar sitúa os tinerfeños na penúltima posición con 9 puntos, ocupando unha das dúas posicións de descenso.
Aínda que aínda restan 6 xornadas para que conclúa a competición e con 18 puntos en xogo, con 27 puntos e situados na 11ª posición, o Santiago Futsal xa está salvado matematicamente.
O conxunto da capital galega xa ten a vista posta no rival desta semana, un CFS Montesinos Jumilla que chega ao encontro deste venres no Multi usos Fontes do Sar (21 h) na 13ª posición con 24 puntos, 3 por debaixo dos de Santiago.











