publicidade hoxe

Rogelio Martínez destaca a creación de emprego que suporá a fábrica de pellets no concello dos Blancos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOs BlancosOurense
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, visitou esta tarde as obras de construción da futura fábrica de pellets, unha nova división da empresa Insunor, que se prevé comece a funcionar no verán e que suporá a creación de dez postos de traballo. O orzamento deste proxecto cífrase en case 500.000 euros, dos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento rural, achega o 45 por cento, é dicir, máis de 223.000 euros.

Rogelio Martínez salientou que a implantación desta industria no concello de Os Blancos, ademais de aproveitar os recursos forestais, se enmarca na Estratexia Integral de Impulso da Biomasa que está a desenvolver o Goberno galego e que está a xerar unha nova industria en Galicia que “permite fixar emprego no rural ao tempo que mellora a prevención de incendios”.

30 de marzo de 2015 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.