Robertas Geralavicius proclámase segundo en Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Carreira sobre 10 km. O Concello de Lousame celebrou a súa primeira carreira popular cunha alta participación de máis de 250 corredores, a distancia elixida de 10 quilómetros non foi un obstáculo para encher as estradas do Concello de entusiastas corredores populares.

O atleta da Sociedade Ximnástica, Robertas Geralavicius, que non se prodigou moito durante o inverno competindo, acudiu á cita realizando unha gran actuación ao quedar segundo cun tempo de 33 minutos e 7 segundos.

Concentración da federación de valos e saltos

Aproveitando as vacacións de semana santa, estes días os responsables da Federación Galega de Atletismo, das especialidades de carreiras con valos e saltos, fixeron unha concentración con novos atletas de devanditas disciplinas para impartir coñecementos e valorar a evolución dos mesmos.

O feito de celebrarse no CGTD de Pontevedra, propiciou que acudisen algúns dos atletas da Sociedade Ximnástica, que están a despuntar nestas especialidades.

31 de marzo de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.