Rey Varela recibe aos estudantes do colexio Valle Inclán premiados no concurso “Luis Freire”

Recepción aos premiados
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe ao grupo de alumnos e alumnas do Colexio Valle Inclán que resultaron gañadores do segundo premio do Concurso de Investigación Científica na Escola “Luis Freire”. Un total de 19 escolares de 3º de Primaria visitaron esta mañá o Pazo Municipal, onde foron recibidos polo alcalde Jose Manuel Rey Varela; e a concelleira de Educación e Deportes, Susana Martínez Galdós.
Durante a súa visita, o alumnado percorreu a zona nobre do Concello de Ferrol pasando polo Salón de Recepcións, as salas Jorge Juan e de Alcaldes para rematar no Salón de Plenos. O primeiro edil da cidade explicoulles o funcionamento do hemiciclo así como os diferentes alcaldes demócratas da cidade. Así mesmo, os estudantes do colexio Valle Inclán explicaron a Jose Manuel Rey a proposta coa que obtiveron o segundo premio do XVI certame escolar de investigación científica “Luis Freire”.
O proxecto estaba basado no estudo da formación do moho en tres tipos de pan diferentes (pan natural, baguette e de molde) e ante catro condicións ambientais (seco, húmido, ao vacío e sen luz), o que lles permitiu determinar cal se xeraba antes. Para isto, os menores foron realizando varias tarefas en clase como tomar a temperatura diariamente na aula, buscar información sobre o moho ou realizar un video sobre o proceso de observación. Os estudantes recibiron cadanseu libro, lápiz e goma de borrar como agasallo da súa visita así como as profesoras, que levaron uns libros de “A Nosa Pintura” e una reproducción do Castelo de San Felipe.











