Rey Varela participa no acto institucional conmemorativo do 10 de marzo

Ofrenda floral
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta mañá o acto institucional conmemorativo do 10 de Marzo, que consistiu nunha ofrenda floral aos pés do monumento en recordo de Amador Rey e Daniel Niebla, os dous operarios da antiga Empresa Nacional Bazán falecidos duranrte os sucesos de 1972. Represetantes dos grupos políticos na Corporación Municipal da cidade e de organizacións sindicais participaron nesta cerimonia conxunta que tivo lugar no barrio de Recimil.
Rey Varela indicou que “hoxe cumprimos coa ofrenda floral institucional que organizan conxuntamente o Concello e os sindicatos en lembranza dos acontecementos do 72”; ao tempo que desexou aos sindicatos e á cidadanía en xeral unha feliz xornada.











