Rey Varela destaca a posta en valor do parque do Montón realizado polo obradoiro de emprego Ferrol Verde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Clausura do obradoiro Ferrol Verde

Clausura do obradoiro Ferrol Verde

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela; e a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, clausuraron hoxe a terceira edición do Obradoiro de Emprego Ferrol Verde, que permitiu dar continuidade a recuperación e posta en valor da parcela municipal do Montón como unha zona verde aberta ao gozo da cidadanía. A entrega de diplomas ás 23 personas que participaron neste obradoiro tivo lugar na propia parcela do Montón, e á mesma tamén asistiron a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz López; e a edil de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros.

Jose Manuel Rey destacou o traballo realizado polo alumnado do obradoiro, tanto no que atinxe ás tarefas de mantemento e conservación das edificacións e peches do perímetro da parcela como as de habilitación de xardíns temáticos con plantas aromáticas e zonas de estancia, sendas interiores ou zona para hortos urbanos. “Ademais da mellora das condicións de empregabilidade e da formación e aprendizaxe, esta iniciativa ten permitido o acondicionamento desta parcela de máis de 23.000 metros cuadrados”, dixo o primeiro edil da cidade. Neste sentido, o obradoiro Ferrol Verde 3 permitiu a 23 persoas en situación de desemprego formarse en dúas especialidades distintas: instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (15 alumnos/as) e operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas (8 alumnos/as). O resultado desta actuación encamiñada á mellora das condicións dos participantes para a inserción laboral e, ao mesmo tempo, recuperar un entorno da cidade, é unha posta en valor dun dos principais pulmóns verdes do barrio de Caranza e da cidade, coa finalidade de ser posto a disposición da cidadanía como espazo de ocio e de recreo.

O “Ferrol Verde 3”, que hoxe se clausurou, comezou no mes de setembro do ano pasado. Cada un dos participantes tivo un contrato de formación e aprendizaxe, e o investimento público nesta acción de emprego ascendeu a 204.318,66 euros. Esta terceira edición do Obradorio de Emprego Ferrol Verde permitiu a recuperación do parque do Montón como zona verde, dando así continuidade ás anteriores dúas edicións deste obradoiro realizado polo Concello de Ferrol e a Xunta de Galicia.

Cuarto obradoiro

Unha política de conservación e mellora de zonas e espazos verdes do municipio e de mellora da empregabilidade que o Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela quere continuar cunha cuarta edición de Ferrol Verde para o solicitará a axuda económica á Administración autonómica. Este Ferrol Verde 4 centraríase en novas accións formativas de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, e de interpretación e educación ambiental, co obxectivo de seguir habilitando o parque do Montón para a súa posta a disposición da cidadanía.

A finalidade é acondicionar esta parcela municipal para implantación de pradeiras, transplantar e plantar especies arbustivas ou arbóreas, realizar camiños xardinerio de interconexión coas sendas actuais, e a instalación de mobiliario, invernaderios e paneis de interpretación botánica e animais. Así mesmo, se levarán a cabo neste cuarto obradoiro o deseño dun proxecto de educación ambiental, que sirva como ferramenta no desenvolvemento das seguintes actividades: inventario e posta en valor dos recursos presentes no parque; estudo medioambiental da zona con propostas para a posta en valor do contorno; deseño, replanteo e instalación de elementos de conservación de fauna silvestre; establecemento de itinerarios interpretativos guiados e autoguiados; e programas de comunicación, sensibilización e educación ambiental.

Inserción laboral

A media de inserción laboral destes obradoiros de Emprego que impulsa a Administración autómica en todo o territorio galego é do 40%, segundo expuxo a titular de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Un total de 1.300 persoas participan en 53 proxectos de mellora de empregabilidade en diferentes especialidades semellantes ao que hoxe se pechou en Ferrol. Así mesmo, para a convocatoria deste ano 2015 a Xunta de Galicia destinará 15 millóns de euros para a formación de 2.000 persoas a través de obradoiros de emprego. Ao respecto, a titular de Traballo e Benestar sinalou que o Goberno de Galicia abrirá tamén unha convocatoria específica vinculada a menores de 25 anos de idade que desexen mellorar a súa empregabilidade.

9 de marzo de 2015 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.