Reunión da Mesa Local da Violencia en Poio

Reunión da Mesa Local da Violencia de Poio
Esta mañá tivo lugar a 18ª Mesa Local de Violencia do Concello de Poio, baixo a presidencia da Concelleira de Benestar Social, Lidia Salgueiro, e coa asistencia dos representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado (Garda Civil, EMUME e Policía Local), da Xefa da Unidade de Violencia da Subdelegación do Goberno, das técnicas do Centro de Información á Muller, das orientadoras dos CEIP do Concello e do Centro de Saúde.
Da análise da situación de violencia do Concello e dende a última Mesa dedúcese que actualmente existen dous casos novos de vítimas con orde de protección facendo un total de 18. O risco existente na maioría dos casos é calificado de non apreciado.
Existen tres novas altas no teléfono de asistencia (ATEMPRO-TAVM) facen un total de 7 activos na actualidade.
Dende o mes de novembro de 2014 ata hoxe, atendéronse dende o CIM dez novos casos de violencia de xénero, dos cales denunciaron e teñen orde de protección, as oito restantes acudiron a asesoramento xurídico e/ou psicolóxico.
En canto á idade media séguese detectando que baixa a idade das afectadas máis tamén recentemente o obsérvase o aumento en casos de maiores de 60 anos.
Finalmente, aproveitouse para presentar aos asistentes a campaña “De Muller a Muller” do 8 de Marzo que homexea a 5 mulleres do municipio pola súa traxectoria profesional e persoal en ámbitos moi importantes da sociedade actual, e que na maioría dos casos son sectores totalmente masculinos.