publicidade hoxe

Reunión da comisión da XXXI Moexmu que se celebrará do 10 ao 12 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, leva traballando dende o pasado mes de xullo na organización das edicións que terán lugar entre o venres 10 e o domingo 12 de abril do 2.015, son:

– XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu
– XXIX Concurso de Gando Frisón
– XXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega
– XVIII Subasta de Gando Selecto.

O período de inscripción para o concurso, a exposición e a subasta de gando remata o vindeiro mércores 11 de marzo, trinta días antes do inicio da edición deste ano.

O xuíz encargado desta edición será o asturiano Don Francisco Javier Freije Freije, propietario da Granxa “Casa Roxo”, en Vegadeo, sendo a primeira explatación ICO en Asturias no ano 2.011.

E Xuíz Nacional de Conafe dende o ano 2.004, participando no XXIV Concurso Rexional de Asturias do ano 2.006, os concursos cataláns de Raza Frisona dos anos 2.007 e 2.010, o XIV Concurso Regional de Castela e León no ano 2.007, así como o XV edición do Concurso Morfológico de Raza Frisona Valle de los Pedroches 2.009, o XXIII Concurso Morfolóxico de Campos (Mallorca), así como os concurso de Irán (Guipúzcoa) e o de Galizano (Cantabria)

Foi Xuiz tamén no X Concurso de Primaveira, Conafe 2.007, e da 33 edición do Concurso Nacional de Conafe 2.012. Director da 37 edición da Escola de Xuices Gandeiros celebrada en Valle de los Pedroches (Córdoba) en marzo do 2.012.

Na MOEXMU xa participou nas edicións dos anos 2.004 e 2.011.

A nivel internacional, concretamente en Portugal, xuzgou os certamen de Agroleite (2.005) e Coimbra (2.008), así como a XI escola de xuices de San Miguel (Illas Azores) no ano 2.009.

Actualmente é membro do Comité de Xuices de CONAFE.

Por outra banda, a edición deste ano, xa ten cartel anunciador e este volveu a ser diseñado pola veciña de Muimenta, Vivianna Cupeiro Falcón, labor que xa fixo en case todas as últimas edicións. A autora do cartel quixo expresar a “polémica” que hai nos día de hoxe entre os gandeir@s e veterinari@s, por decidir entre a frisona vermella e a frisona pinta; cal das dúas da máis leite, máis producción, ou a cal das dúas se domestica mellor. Con eso fixo un ring de boxeo para simbolizar “dita peleas”. Vivianna Cupeiro confía que os gandeiros entenrán á primeira a idea do cartel.

A comisión da MOEXMU está integrada por:

–  Manuel Seijas Vázquez – que será por sexta vez o presidente desta comisión, e convértese no empresario que máis veces presidiu a MOEXMU.

–  Conchita Expósito Cabado – nova incorporación

–  Carlos García Teijeiro – que xunto ao presidente, son os únicos que se manteñen dende os inicios desta comisión no ano 1.989

–  Carmen Goas Cordal – nova incorporación

–  Manuel Lamas Novo – a segunda vez que a organiza

–  Julio Pacio Fernández – que se incorporou a esta comisión na edición do ano 1.999

–  José Seoane Debasa – nova incorporación

Manuel Seijas e Carlos García igualan a Avelino García Parga nas personas que máis veces organizaron a MOEXMU, seis veces cada unha deles.

Esta comisión organizadora, levou as rendas das edicións dos anos: 1.989, 1.994, 1.999, 2.004, 2.009 e neste ano 2.015.

O coordinador, seguirá a ser, José Manuel Rus Rodríguez.

10 de marzo de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.