Reptigalia en Marín

A alcaldesa de Marín na visita a Reptigalia
A Alcaldesa de Marín visitou hoxe a exposición de animais REPTIGALIA, onde coincidiu coa visita dos alumnos do Colexio Inmaculada, que lle fixeron unha chea de preguntas ao organizador, interesandose en que comían os animais, se non tiñan frío e sobre todo causou máis interese a tarantula, sobre a que preguntaban polo veleno e o seu mordedura. A exposición estará en Marín ata o proximo 5 de abril, en horario de mañá e tarde incluído sabados, domingos e festivos de Semana Santa. Desde o concello anímase a visitar e en caso de ser grupos numerosos, concertar a visita en alcaldia.