Reparto de puntos entre Santiago Futsal e Montesinos CFS Jumilla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Encontro Santiago Futsal e Montesinos CFS

Encontro Santiago Futsal e Montesinos CFS

O encontro no Multiúsos comezou con máxima igualdade entre ambos os dous conxuntos, que malia ter senllas ocasións para abrir o marcador, ningún dos dous acertaría na finalización ata a segunda parte.

Sería Rubén Zamora o primeiro en avisar, cun tiro raso pegado ao pau esquerdo que bloquearía Marcos Vara. Na seguinte xogada, Hugo gozaría da primeira dos locais para abrir o marcador, ao igual que Pablo Tallón, cuxo tiro de volea pegou en Kike e por pouco se introduce na portaría defendida por Chico.

Os locais faríanse co dominio do partido e chegarían á área rival con maior continuidade, pero sen sorte na finalización, con balóns que se pasearían pola área pero que non encontrarían rematador.

Cando se aproximaba o tempo de descanso, Marcos Vara protagonizaría unha dobre parada na ocasión de Corvo e rexeitamento de Negro, que puido significar o primeiro tanto visitante. Tamén Lucho a tería para os seus, pero Chico volvería rexeitar e a evitar que se adiantasen os de Valladares.

Tras o paso polo vestiario, Santiago Futsal poñeríase con tres faltas na súa conta nos primeiros tres minutos da segunda parte. Dani ‘Chinés’ non perdoaría nun balón mordido ao que lle pegou coa zurda dende fóra da área e que se coou por debaixo das pernas do meta visitante para facer o 1-0 no minuto 27.

Despois de adiantarse no marcador, os galegos gozaron de dúas ocasións consecutivas dos pés de Lucho e Diego Quintela, pero Chico volvería evitar o gol.

A igualada do Montesinos CFS Jumilla chegaría no minuto 35, nunha xogada combinada do conxunto visitante dende o seu propio campo que Pichi remata a portaría e que logra bater Marcos Vara.

Co 1-1 no marcador e a falta de 4 minutos para o final, a escuadra de Santi Valladares saíu a polo partido con Hugo Sánchez como porteiro xogador. A máis clara tívoa Lucas Bolo nun remate de cabeza ao segundo pau que marchou rozando o pau a falta de 50 segundos.

Sen tempo para máis, Santiago Futsal e Montesinos CFS Jumilla repartíronse os puntos disputados en Sar, e son xa 3 partidos consecutivos os que os de Valladares levan puntuando na casa.

6 de marzo de 2015 | 23:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.