Redondela acolle o concerto de clausura do curso de saxofón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Este venres, 27 de marzo, clausúranse as Xornadas de Estudo e Clases Maxistrais de Saxofón, celebradas no Conservatorio Profesional de Música “Víctor Ureña” de Redondela, dende o día 23, co prestixioso mestre holandés Jean Pennings.

Como colofón a este curso celebrarase un concerto de clausura no auditorio da Xunqueira, ás 20.00 h, que contará coa actuación do prestixioso saxofonista Jean Pennings, acompañado ao piano polo mestre Martien Maas. Interpretarán Light of Sothis de Amy Quate, e Gavambodi 2 de Jacques Charpentier.

A continuación actuarán varios alumnos que participaron no curso con obras de compositores como: Yvon Desportes, Colin Cowles, P.M. Dubois, André Jolivet, Héctor Villalobos, Karel de Schryver, Paul Creston e Al. Glazounov.

Para finalizar, a Orquestra de Saxos de Redondela, dirixida polo mestre Pennings, interpretará Malagueña, de E. Lecuone, e Porgy and Bess, de G. Gershwin, ambas con arranxos de José Pérez Arias.

A entrada é libre.

26 de marzo de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.