“Reciclando Monforte” ensina a reciclar a través do xogo
O Concello de Monforte levará a cabo unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe, dirixida os escolares de 5º e 6º de Primaria. A campaña, que ten coma lema “Reciclando Monforte. Un pequeno cambio para un mellor futuro”, realizarase entre os días 3 e 6 de marzo na Praza de España. A actividade está deseñada para o alumnado de 5º e 6º de primaria e pretende que os rapaces e rapazas aprendan a reciclar dunha maneira divertida. O número aproximado de participantes será de 450 nenos e nenas, pertencentes ós cinco centros de Primaria e ó colexio Infanta Elena.
A elección dun lugar céntrico para desenvolver a actividade non é casual, xa que se pretende que os escolares interactúen cos viandantes e cos comerciantes.
A actividade desenvolverase pola mañá e pola tarde durante os catro días, en horario de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 17:30 h.
Os e as participantes recibirán unha explicación da actividade e das probas que deberán realizar. Logo dividiranse en cinco equipos: contedor amarelo, contedor azul, contedor verde, contenedor negro e compostador. A cada equipo entregaráselle unha carpeta de material que contén: unha folla informativa, documentación de cada contedor e un caderno.
Seguidamente comezarán a realizar as cinco probas das que consta a actividade:
– O alumnado deberá eliminar correctamente os residuos de 5 mesas montadas e listas para comer nas que atoparán todo o que utilizamos en calquera comida: tetrabriks, servilletas, botella de cristal, iogur…
– Cada grupo deberá atopar a 2 voluntarios na rúa, ós que lles explicarán que están aprendendo e como deben separar o lixo na casa.
– Cada equipo terá que atopar pistas ocultas con información sobre as illas ecolóxicas e os horarios de recollida de lixo. Deberán recollelas e tomar nota delas nos seus cadernos.
– Os rapaces e rapazas deberán dirixirse a un comercio e explicarlle a actividade que están realizando. Recoller o lixo que teñan no establecemento e clasificalo nos colectores apropiados.
– Posta en común sobre o aprendido e reparto de bolsas de reciclado con bolígrafos e información.
O obxectivo da actividade é o mesmo que o de múltiples actuacións desenvolvidas pola delegación municipal de Medio Ambiente: sensibilizar sobre a importancia da reciclaxe de envases, vidro, papel e cartón, e aprender a clasificar axeitadamente os residuos.
A finalidade desta campaña é acalarar as dúbidas existentes á hora de separar correctamente os residuos no fogar, reducindo así os chamados “impropios”, e dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada nos colectores de reciclaxe ou nos da fracción resto.











