publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rábade aforrará un 40% na factura enerxética tras instalar a caldeira de biomasa da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoRábade
A-
A+

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos Ramos, acompañado do Alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, supervisou este xoves o resultado dos traballos de instalación dunha caldeira de biomasa no Concello de Rábade, para a que o organismo provincial achegou 36.000 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea a través do programa Lug02.

Con esta nova dotación, que vén a substituír a antiga caldeira de gasóleo, o Concello de Rábade aforrará en torno a un 40% da factura enerxética de calefacción, uns 7.000 euros ao ano, ademais de evitar a emisión anual de 11,5 toneladas de CO2 á atmósfera.

Santos Ramos destacou que con esta inversión “impulsamos o uso das enerxías renovables en instalacións municipais polo importante aforro que supón o seu uso e a redución do impacto medioambiental”. Rábade vén a sumarse a Concellos como A Fonsagrada ou Monterroso, nos que o organismo provincial financiou a instalación dunha caldeira de biomasa no novo consistorio e de paneis solares na piscina, respectivamente.

Instalacións deportivas

Outra das actuacións financiadas polo organismo provincial en Rábade son as obras de mellora que se están a realizar nas piscinas municipais, as cales contan cunha achega de máis de 85.000 euros. Os traballos consisten na remodelación dos vestiarios, a instalación de duchas exteriores e a posta en marcha dun sistema de rego do céspede das piscinas descubertas. Con este investimento, o organismo provicial continúa correxindo desigualdades entre as cidades e o rural, garantindo o desenvolvemento económico, demográfico e social igualitario de toda a provincia.

Máis investimentos

Nos últimos anos, o organismo provincial achegou máis de 300.000 euros para dotar ao Concello de novos servizos e infraestruturas públicas: o acondicionamento da ruta das Insuas; melloras para a realización de actividades extraescolares no centro Otero Pedraio; ou a pavimentación e dotación de servizos entre as rúas José Pena Madalena e Músico Crisanto ou no campo da feira e na rúa Coronel Andrade, entre outros.

26 de marzo de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.