Quintana define ás mulleres que traballan no mar como símbolo de pensamento positivo, sustentabilidade e futuro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Rosa Quintana en Santander

Rosa Quintana en Santander

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, definiu ás mulleres que traballan no mar como símbolo de pensamento positivo, sustentabilidade e futuro. Así o destacou hoxe durante a súa intervención no IV Congreso de la Rede de Mulleres no Sector Pesqueiro, celebrado na localidade de Santander.

Rosa Quintana matizou que estas profesionais “foron capaces de evolucionar, de converter unha actividade nunha profesión”, que se resume, engadiu, en que en Galicia as mulleres representan o 84,4% das persoas que se dedican ao marisqueo, o 84% das redeiras, o 22,3% que se traballan na acuicultura mariña e o 70% das traballadoras das fábricas transformadoras e conserveiras.

Neste senso, a conselleira destacou que son estas profesionais, mariscadoras e redeiras, reflexo de que o mundo laboral foi cambiando co paso dos anos, “a muller conseguiu profesionalizarse e agruparse”. Lembrou que do mar viven moitas familias galegas e españolas, polo que segue e seguirá a ser un labor de todas as administracións coidalo e fomentar o seu uso.

Ademais da conselleira, neste congreso tamén participa a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, que forma parte da mesa de debate Mujeres del sector pesquero y acuícola. De la tradición a la reinvención.

Congreso

A cuarta edición do congreso Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro rematará mañá venres, coa participación de numerosos representantes do sector. Cabe destacar a entrega dos galardóns “Historia de una vida en la pesca” a Alicia Rodríguez e Manuela Parada, antigas mariscadora e redeira de Galicia.

Nesta edición tamén se presentarán como modelos de emprendemento da muller pesqueira dous proxectos dos GACs galegos: Conservas Artesanais Curricán e o Albergue Mariñeiro Finistellae.

26 de marzo de 2015 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.