Quedan prazas libres para o curso de Defensa Persoal Feminina en Pontevedra
O vindeiro martes día 17 remata o prazo de inscrición para os cursos de defensa persoal feminina que organiza a concellaría de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller do Concello.
Este curso enmárcase dentro do III Plan Municipal de Igualdade, e constan de 13 sesións de mañá ou tarde, para un total de 28 mulleres.
Terán lugar na sala do Tatami do Pavillón Municipal de Deportes, entre o 23 de marzo e o 29 de abril o de mañás (de 9,30 a 11h), e do 13 de abril ao 15 de maio o de tarde (entre 16,30 e 18h).
As mulleres interesadas poden informarse no CIM, Chalé Fontoira (986864825)











