Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:
 
Xoves 19 de marzo

•    20.00 h – Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo
APERTURA E VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN 150 ANOS DUNHA VILA MARIÑEIRA PONTEDEUME 1865-2015
A exposición itinerante de 150 anos dunha vila mariñeira (Pontedeume 1865-2015) achégase a Rianxo, consta dun cento de fotografías, audiovisuais, documentación, hemeroteca e maquetas na que se amosa a vida desta vila marcada polo mar. O día da apertura contarase coa presenza do comisario da exposición Xavier Brisset Martín que realizará unha visita guiada á mesma.
A exposición esta realizada por 8 mares co patrocinio da Deputación da Coruña.
Pode visitarse no Auditorio dende o 19 ao 30 de marzo.
•    21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: M.4.A4 a cargo da Escola Superior de Arte Dramática
Baixo a dirección de Ricardo Solveira o alumnado a Escola Superior de Arte Dramática representa a obra M.A.A4 a partir de textos de Manuel Antonio

A obra está recomendada para maiores de 16 anos.
As entradas, máximo dúas por persoa, poden retirarse unha hora antes do comezo da representación.
Proposta enmarcada nos actos de homenaxe a Manuel Antonio, De catro a catro: Catro singraduras en honra de Manuel Antonio.

Sábado 21 de marzo
 
Continuando cos actos de homenaxe a Manuel Antonio
•    17.30 h – Porto de Rianxo – Illa Malveira
SAÍDA EN BARCO E LECTURA DE POEMAS NA ILLA MALVEIRA.
Saída en barco rumbo á illa Malveira. Lectura de poemas a cargo de Xesús Santos Suárez, Fernando Quintela Gallego e outros e outras participantes. No ano 1935, un grupo de amigos e admirados do poeta de Rianxo proxectaban unha homenaxe popular, por subscrición pública, consistentes na colocación dun monolito. Hoxe retomase a idea daquela frustrada homenaxe en lembranza de Manuel Antonio.
•    20.30 h – Auditorio de Rianxo
ACTO  LITERARIO DE HOMENAXE A MANUEL ANTONIO
Coas intervencións do mantedor do acto, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, fillo adoptivo de Rianxo e do alcalde de Rianxo Adolfo Muíños, que presentará un recital poético. Intervirán: Anxo Angueira, Marta Dacosta, F.R. Lavandeira, Alexandre Nerium, Manuel Rivas, Ana Romaní, Cesáreo Sánchez e Miro Villar. Peche musical pola Aula de Cultura Musical (UNED Senior). O acto conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritoras en Lingua Galega (AELG) e da Aula de Cultura Musical da Galiza da UNED Senior de Rianxo.

Domingo 22 de marzo

•    12.00 h – Campo da festa – Brión (Leiro)
CONCERTOS NAS PARROQUIAS: Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo
Seguindo o programa de concertos nas parroquias da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, desta vez achéganse a Brión – Leiro, será o domingo 22 de marzo ás 12.00 horas no Campo da Festa.

18 de marzo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.