publicidade hoxe

Programa da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante os días 20, 2l e 22 de marzo, a localidade de Verín acollerá a celebración da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, no que se desenvolverán as seguintes actividades:

Venres 20 de marzo de 2015

– 10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta.

– 12.00 horas: Inauguración da Feira do Lázaro 2015. Actuacións da Banda de Gaitas do Concello de Verín e do Projecto Enraizarte.

– 14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 16.00 a 19.00 horas: Cata popular D.O. Monterrei co sumiller Nacho Costoya (Pavillón Feiral).

– 17.00 horas: Obradoiro de cociña creativa para nenos/as, impartido pola Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei coa colaboración da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense (Pavillón Feiral).

– 18.00 horas: Animación con zancudos e globos de helio (Pavillón Feiral).

– 19 a 22.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitores/as- (Pavillón Feiral).

– 19 a 22.00 horas: Obradoiro infantil do Día do Pai (Pavillón Feiral).

– 19.00 horas: Actuación dos Gaiteiros de Flariz (Pavillón Feiral).

– 22.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 00.30 horas: Actuación de Olympus (Prazas García Barbón e Maior).

Sábado 21 de marzo de 2015

– 09.00 horas: Torneo de Tenis do Lázaro (Complexo deportivo A Granxa).

– 10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta. Inauguración da Feira do Lázaro 2014.

– 10.00 horas: Torneo de Natación do Lázaro (Piscina Climatizada).

– 10.15 horas: VIII Concurso Gastronómico ‘Cigarrón de Verín” (Pavillón Feiral).

– 11.00 a 14.00 horas: Cata popular D.O. Monterrei co sumiller Nacho Costoya (Pavillón Feiral).

– 14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 16.00 a 19.00 horas: Programa ‘Aquí Galicia’ da TVG en directo desde Verín (Praza do Concello).

– 16.00 a 22.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitores/as- (Pavillón Feiral).

– 17.00 a 20.00 horas: Obradoiro infantil de pan (Pavillón Feiral).

– 18.00 horas: VI Torneo de Fútbol de Veteranos (Complexo deportivo A Granxa).

– 19.00 horas: Exhibicións e obradoiros de baile e acrosport (Pavillón Feiral).

– 22.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 00.30 horas: Actuación nocturna do Grupo D’Moda (Prazas García Barbón e Maior).

Domingo 22 de marzo de 2015

– 10.00 horas: Apertura do Pavillón Feiral. Entrada gratuíta.

– 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas: “Pequelázaro” Ludoteca -espazo infantil atendido por monitores/as- (Pavillón Feiral).

– 10.00 a 14.00 horas: Obradoiros infantís de xogos e manualidades con material reciclable (Pavillón Feiral).

– 11.30 horas: Procesión de San Lázaro e misa na Igrexa Parroquial, acompañada pola Banda de Música de Vila Verde da Raia.

– 14.00 a 16.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

– 17.00 horas: Actuación da Banda de Música de Vila Verde da Raia.

– 17.00 a 20.00 horas: Obradoiro infantil de maquillaxe (Pavillón Feiral).

– 18.00 horas: Charla informativa sobre alimentación, impartida pola Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei coa colaboración da Antena Local de Verín da Cámara de Comercio e Industria de Ourense (Pavillón Feiral).

– 19.00 horas: Actuación da Banda de Gaitas de Riós.

– 18.30 horas: Actuación vespertina da orquestra Ritmo Joven (Prazas García Barbón e Maior).

– 21.00 horas: Peche do Pavillón Feiral.

Ademais, desde o sábado 21 ao día 25 de abril, a Sala de Exposicións acolle a mostra Reconstrución combinada da artista pontevedresa Andrea Costa (no seguinte horario: de 10 ás 14 e de 17 ás 20.30 horas).

Por outra banda, a Asociación de Hostaleiros da Comarca de Monterrei (AECOM), en colaboración co Concello de Verín, co obxectivo de seguir promocionando os produtos tradicionais da comarca promove a sexta edición ‘Exaltación de Bacallau e Cabrito’. Unha iniciativa asentada na realización de menús específicos, durante as dúas xornadas da Feira do Lázaro, que inclúen bacallau e cabrito, por un prezo que oscila entre os 12 e 22 euros nos seguintes restaurantes: O Augueiro, Lugano, O Castelo, O Candil, Aldea Rural A Cortiña, San Roque, Brasil, Gallego, O Souto das Candeas e Parador de Verín.

Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.

19 de marzo de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.