publicidade hoxe

Preséntase no castelo de Santa Cruz o proxecto Causas Comúns en Guinea-Bissau

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros organiza a presentación do Proxecto Causas Comúns e a súa experiencia en Guinea- Bissau. O acto terá lugar o próximo mércores 25 de marzo ás 20.00 horas no castelo de Santa Cruz e contará coa participación dos seus principais promotores, o fotógrafo Gabriel Tizón e Boubacar Bjalo, coordinador rexional da Plataforma de ONG da cidade Bafatá, onde se desenvolve esta iniciativa.

A afondará fonda no cada vez máis evidente incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa. A vivenda, o traballo, a comida, a xustiza…, son xa artigos de luxo, non só nos “países pobres” ou empobrecidos. A exposición fotográfica ‘África, soños e mentiras’, presenta a mirada e o contacto de Gabriel Tizón con África, tras máis dunha década de viaxes por diferentes países do continente. As fotografías falan da historia dos soños e as mentiras do continente máis novo do planeta, onde o 40% da poboación é menor de idade.

O Proxecto Causas Comúns nace en 2012 coa idea de facer visible e sensibilizar a todos os pobos a través da cultura e do intercambio de experiencias e coñecementos, achegando, unindo e compartindo como idiomas universais. No 2015 trasládase esta idea a Guinea-Bissau, mediante a exposición fotográfica ‘Europa, realidade dun soño’. Esta exposición ten por obxectivo achegar a realidade europea á poboación desinformada que pode supoñer un inmigrante clandestino en potencia, para que teña coñecemento previo da situación e dos riscos e poida tomar unha decisión razoada.

23 de marzo de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.